Os EVA (Entornos Virtuais de Aprendizaxe)

Á parte da aula virtual (Moodle) e do Edublog, que é o espazo no que agora mesmo estou traballando, dos recursos EVA (Entornos Virtuais de Aprendizaxe) que se nomean no Doc. 2, posiblemente empregaría a ferramenta RubiStar para a creación dunha rúbrica a través da cal avaliar as presentacións orais que lles pido aos alumnos e alumnas que preparen como complemento da actividade relacionada co léxico de “Travel & Holiday”.

Deste xeito, terían a oportunidade de saber (porque a compartiría con eles antes de ter lugar as exposicións) o que eu, como docente, espero deles, permitíndolles entón centrarse nos puntos nos que fago maior fincapé (ex.: expresión, correcta utilización do vocabulario, contidos, creatividade…) para tentar, así, acadar unha maior cualificación.


Comments